Buscar este blog

lunes, 20 de octubre de 2014

A bulimia

Aquí tedes o noso proxecto da bulimia:


A bulimia é o transtormo alimenticio e psicolóxico caracterizado pola adopción de condutas nas cales o individuo aléxase das formas de alimentación saudables consumindo comida en exceso en períodos de tempo moi cortos,para despois eliminar o exceso de alimentos a través de vomitos.O temor a engordar afecta diretamente aos sentimentos e emocións do enfermo.


Os seus síntomas son os seguintes:


Xeralmente as persoas que padecen bulimia foron obesas ou realizaron numerosas axudas sen control médico. Tratan de ocultar os vómitos e as purgacións, polo que a enfermidade adoita pasar desapercibida durante moito tempo. Os síntomas típicos dun cadro de bulimia son os seguintes:

Enchentes ou sobreinxesta de alimentos: O enfermo come unha gran cantidade de alimentos nun espazo de tempo moi curto. Non ten control sobre a inxestión e é tal a ansiedade que cre que non pode parar de comer.
Para previr o aumento de peso e compensar a enchente ou o exceso das comidas provócase vómitos, utiliza laxantes, diuréticos, fármacos, ou recorre a outros medios que lle permitan controlar o peso, como a practica abusiva de actividades deportivas.
Os ciclos de enchentes e vómitos maniféstanse un mínimo de dúas veces por semana.



Aquí  tedes unha historia real da bulimia:

O meu nome é Silvia, teño 16 anos e hai seis meses que teño bulimia. Só dúas o amigas saben. A miña historia é ben familiar. Hai algún tempo eu pesaba 89 kg, agora estou en 69 kg . Na escola, sempre fun motivo de broma e ata a miña nai me chamaba mounstro dende que eu tiña uns 10 anos, as miñas amigas tiñan vergoña de min, noivos nin se fala. Aínda me vexo moi gorda.


A bulimia apoderouse da miña vida, é todo o que eu penso. Se estou con meu mozo, coa clase, o único que quero é vomitar, é algo fóra do meu control, non quero axuda, pero creo que as nenas debían tratarse, xa sei das complicacións. De todo só me queda esperar que alguén me axude e que eu supere os meus traumas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario