Que é o bullying?
O acoso escolar ( ou en inglés bullying) é calquera forma de maltrato psicolóxico, verbal ou físico producido entre escolares de forma reiterada ao longo dun tempo determinado tanto na aula, coma a través das redes sociais, co nome específico de ciberacoso. Estatisticamente, o tipo de violencia dominante é o emocional e dáse maioritariamente na aula e patio dos centros escolares. Os protagonistas dos casos de acoso escolar adoitan ser nenos e nenas en proceso de entrada na adolescencia, sendo lixeiramente maior a porcentaxe de nenas no perfil de vítimas.
Historia real:
Jokin Ceberio suicidouse 4 días antes de cumprir 14 anos. A pesar de que seus pais, que o trataron por tódolos medios de parar o acoso que Jokin sufría, non puideron evitar o tráxico desenlace. Jokin sufriu o acoso dos seus compañeiros durante casi dous anos, dende Enero de 2003 hata septiembre de 2004.
Seus padres relataron a angustia pola que pasou o seu fillo a quen moitas veces sorprendían chorando nun canto do seu cuarto. Os seus acosadores, adolescentes igual que el, e os pais destes, foron imputados neste caso, aínda que todos menos un foron absolvidos. Foi a primeira vez na que o termo "bulliyng" foi utilizado en España.
No hay comentarios:
Publicar un comentario