Esta enfermidade caracterízase por unha perda significativa de peso provocada polo percepción errónea do corpo do enfermo ou enferma por parte del mesmo ou dela mesma. En consecuencia, os problemas fanse evidentes nun espazo de tempo moi curto. Os principais síntomas que determinan a aparición da enfermidade son:
-Rexeitamento a manter o peso corporal por enriba do mínimo axeitado.
-Medo ao aumento de peso ou á obesidade.
-Percepción distorsionada do propio corpo, peso e proporcións.
-Preocupación excesiva polas calorías dos alimentos e pola súa preparación.
-Redución progresiva dos alimentos, incluso chegando a utlizar trampas para evitar a comida.
-Obsesión pola imaxe, a báscula, os estudos e o deporte.
-Outros síntomas variados: estrinximento, sensación de frío, dor abdominal, amenorrea (ausencia de tres ciclos menstruais consecutivos no caso das mulleres) vómitos, irritabilidade, depresión, trastornos emocionais ou da personalidade, sensación de saciadade antes das comidas, náuseas, ausencia de sensacións, hiperactividade etc.
Consecuencias clínicas:
- -Redución das pulsacións.
-Baixa a presión arterial.
-Amenorrea.
-Diminúe a masa ósea e, nos casos moi temperáns, fréase a velocidade de crecemento.
-Anemia.
-Estrinximento crónico.
-A diminución do gasto enerxético produce unha sensación constante de frío.
-Deshidratación e agretamento da pel.
-Coloración amarelenta nas palmas das mans e as plantas dos pés.
-Quebración das unllas.
-Perda de cabelo.
-Problemas dentais. - -Inchazos e dores abdominais.
- En xeral, a anorexia diagnostícase, cando o enfermo ou enferma perdeu polo menos un 15% do seu peso corporal, teme a obesidade, deixou de menstruar, nega estar enferma ou enfermo e parece sa.

Non existe un listado concreto de causas, senón un gran listado de sucesos que favorecen a aparición do trastorno. Algúns destes son:
-A propia obesidade do enfermo.
-Obesidade materna.
-Sucesos traumáticos no presente ou no pasado.
-Morte ou enfermidade dun ser querido.
-Separación dos pais.
-Afastamento do fogar.
-Fracasos escolares.
-Accidentes.
-Presenza de alcoholismo e/ou trastornos psiquiátricos en familiares cercanos.
-Excesivo culto ao corpo debido aos canons de beleza inalcanzables impostos pola sociedade actual.
FONTES CONSULTADAS
No hay comentarios:
Publicar un comentario