A anorexia é un trastorno da conduta alimentaria que supón unha considerable perda de peso provocada pola propia persoa enferma e que adoita levar a un estado de depresión, cambios de comportamento e alteracións psicolóxicas graves.
Este trastorno caracterízase polo temor a aumentar de peso, e por unha percepción distorsionada e delirante do propio corpo que fai que o enfermo se vexa gordo aínda que o seu peso se atope por debaixo do recomendado. Por iso, inicia unha diminución progresiva do peso mediante xaxúns e a redución da inxesta de alimentos.
Cando (franxa de idade, estado anímico..) e onde (lugares, zonas, clase social...) se produce?
Preto do 95% das persoas que sofren este trastorno son mulleres, a maioría adolescentes, aínda que nos últimos anos produciuse un aumento de casos en homes, mulleres adultas e nenas e nenos. Afecta principalmente ás persoas de clase socioeconómica media e alta, xa que son estas as que máis se preocupan polo seu aspecto exterior. Por iso, na sociedade occidental o número de persoas afectadas está a aumentar.
A idade de inicio da anorexia sitúase na primeira adolescencia, ao redor dos 12 anos, aínda que a poboación máis afectada atópase entre os 14 e 18. . Existen colectivos nos que é máis frecuente que se dea este trastorno, é o caso das ximnastas, as bailarinas ou as modelos.

VÍDEOS
https://www.youtube.com/watch?v=o9R3tA0TWp8
FONTES CONSULTADAS
http://www.webconsultas.com/anorexia/tipos-de-anorexia-273
http://www.dmedicina.com/enfermedades/psiquiatricas/anorexia
No hay comentarios:
Publicar un comentario