Buscar este blog

lunes, 2 de febrero de 2015

Como previr a anorexia?

Como previr a anorexia? Listado de medidas preventivas. Exemplo real ou ficticio. 
Unha boa educación dietética dende a infancia, a difusión de programas de prevención e promoción da saúde nos ámbitos familiares, educativos e sociais, axuda a previr a aparición deste grave trastorno. Non obstante, se non se consegue evitar este problema, detectalo e tratalo rápidamente mellora moito o seu prognóstico.


As medidas preventivas da anorexia son:
       -Ensinar aos nenos e nenas dende pequenos, a importancia duns hábitos alimenticios correctos e variados.
-Comer
en familia sempre que sexa posible, convertendo a hora de comida nun momento de reunión agradable no que se intercambian as vivencias do día.
-
Establecer horarios de comida regulares para as cinco comidas do día.
-Fomentar a
súa autoestima.
-
Reforzar a súa autonomía e estimulalos para que teñan as súas propias opinións e resulten menos vulnerables ás mensaxes dos medios de comunicación e a publicidade que transmiten a idea de que ter un corpo perfecto é sinónimo de éxito e felicida
       -Non lles propoñer metas que superen as súas capacidades, para evitar frustracións.
       -Fomentar as súas relacións sociais e a súa participación en actividades
       -Establecer unha boa comunicación dentro do ámbito familiar, para que os nenos e nenas se sintan seguros, e sexan capaces de buscar o consello e a axuda da súa propia familia cando se enfronten a situacións que lle resulten difíciles ou estresantes
      -Se o mozo ou moza necesita perder peso por motivos de saúde, debe facelo sempre baixo control médico e co coñecemento dos pais, para evitar excesivas reducións das racións alimenticias inxustificasdas, o que pode levar a que padezca anorexia.
      -As persoas do ámbito familiar deben evitar facer comentarios despectivos sobre o aspecto físico doutras persoas e ensinar aos nenos e nenas a non xulgar ás persoas polo seu aspecto físico.
      -Vixiar aos nenos e nenas cando navegan en  Internet para evitar que se vexan influenciados ou influenciadas polas páxinas nas que se promove a anorexia “pro-ana”.
     
Exemplo real de anorexia.
Con 31 anos, Kate Chilver perdeu a batalla contra a anorexia. Esta moza británica morreu tras case 20 anos loitando contra a enfermidade.
O seu caso foi cualificado por médicos do Reino Unido como o peor visto xamais. Kate Chilver estaba tan delgada que partes do seu intestino e estómago estaban paralizadas por falta de rego sanguíneo. Para chegar a este punto hai que remontarse case 20 anos atrás. Con 12 anos, comezou o pesadelo desta moza. Dende entón, a súa vida transcorreu de especialista en especialista ata que a anorexia nerviosa rematou con ela. Foron case dúas décadas de loita, con poucas perspectivas de curación porque mentres o IMC (índice de masa corporal) saudable se sitúa entre 20 e 25, o seu nunca superou o 12, descendendo nalgún momento mesmo ata o 9. No momento da súa morte Kate apenas alcanzaba os 30 quilos. O seu falecemento produciuse pola ausencia total de graxa no seu organismo o que provocou que as súas arterias se pechasen por falta de circulación sanguínea.

No hay comentarios:

Publicar un comentario