Constitución Española:
Artigo 45
- Todos teñen o dereito a gozar dun medio axeitado para o desenvolvemento da persoa, así como deber de conservalo.
- Os poderes públicos velarán pola utilización racional de todos os recursos naturais, co fin de protexer e mellorar a calidade da vida e defender e restaurar o medio, apoiándose na indispensable solidariedade colectiva.
- Para os que violen o disposto no apartado anterior, nos termos que a lei fixe estableceranse sancións penais ou, no seu caso, administrativas, así como a obriga de reparar o dano causado.
Dereitos humanos:
O DEREITO HUMANO AO MEDIO AMBIENTE
ARTIGO 3
O dereito a un medio san é un dereito humano fundamental. A íntima vinculación do medio co nivel de vida en xeral, fai deste dereito unha condición do desfrute e exercicio dos demais dereitos. Encontrámonos, polo tanto, ante un dereito humano emerxente de primeira magnitude.
Na actualidade, o reto do cambio climático é o maior problema ambiental que enfronta a comunidade internacional. Este fenómeno, ademais de ser un reto ambiental, é tamén un claro reto social e económico que afecta ao desfrute dos dereitos humanos na súa totalidade. A interdependencia dos dereitos humanos, como é o caso do dereito ao medio e do dereito ao desenvolvemento, é máis que evidente cando falamos da relación que se establece entre cambio climático e dereitos humanos.

CONCLUSIÓNS:
Pareceunos que estes decretos están comprometidos co medio ambiente pero que nomn levan a cabo o que dín e deixan nun segundo plano estes temas respecto a outros coma a economía.
No hay comentarios:
Publicar un comentario