Esta semana estamos acabando de organizar a presentación que vamos
realizar para dinamizar a nosa campaña en 4º de primaria o 5 de Xuño.
O primeiro que faremos será informarlles sobre os datos
principais:
·Que son o medio ambiente e o consumismo
·Por que son temas importantes de discusión
·Como afectan ás nosas vidas
·Como podemos coidalos
·O día mundial do medio ambiente
Despois disto, o xogo consistirá nunha presentación Prezi na que
estarán as dez preguntas que os grupos de cinco persoas terán que responder nun
papel. Cada grupo elixirá unha mascota (daremos as seguintes opción):
Tras recoller as súas respostas, dous de nós explicaremos en que
consiste a actividade de "planta da clase" e organizaremos o
calendario de rega, e os outros contarán os puntos do xogo.
Tras isto, faremos ós alumnos unha serie de preguntas en forma de
enquisa para recadar datos o seu nivel de concienciación sobre o tema e veremos
unha serie de vídeos informativos para dar os últimos toques á presentación.
Finalmente, daremos o premio ao grupo gañador (unha caixa de galletas caseras
en forma de folla) e deixaremos a cargo deles a planta.

No hay comentarios:
Publicar un comentario